Exposicións no CENIMA do Concello de Foz

Unha das obras expostas
Aina Noguera: BalanCEO
Desde o 15 de marzo ao 10 de abril. Exposición de pintura.
Aina Noguera Tugores nace en Palma de Mallorca en outubro de 1974. Estuda Belas Artes na Universidade de Barcelona entre 1994-98. No 2002 ven a Galicia, onde actualmente vive nunha casa de pedra e chimenea fumeante dunha aldea de Cervo. De entre as paredes desta casa xurde un espazo-tempo onde Aina pintora traza un camiño paralelo de cor; expresivo, viaxeiro e soñador.
Leva realizadas varias exposicións individuais (entre 2002 e 2013) pola Mariña Lucense: Cervo, Burela, Viveiro, San Cibrao, Ribadeo. Tamén en Mondoñedo, Castropol, Cedeira, Castro Caldelas e Vilanova dos infantes.











