Exposición fotográfica para conmemorar o Día da Muller
Dentro da programación realizada pola concellería de Igualdade, a través do CIM, co gallo do 8 de Marzo “Día Internacional da Muller”, mostramos nos IES de Monforte a exposición fotográfica titulada “Igualdade para o desenvolvemento: se a muller avanza, o mundo tamén”, editada por Intered Galicia en colaboración co Fondo Galego de Cooperación,
A exposición está composta por 9 paneis nos que se reflicte a situación mundial dos dereitos das mulleres, os principias retos ante esta realidade e os logros máis importantes.
Para traballar os distintos conceptos que ofrece a exposición, realizarase un obradoiro dirixido ao alumnado de 1º BAC cunha duración de 50 minutos, impartido por persoal do CIM.
As datas nas que a exposición estará nos Centros e os horarios dos obradoiros son os seguintes:
IES PINGUELA, a exposición permanecerá dende o luns 4 o ata o venres 8 de Marzo. Realizándose o obradoiro o venres 8 de Marzo ás 8:45 h a 9:25 h.
IES DAVIÑA REI, a exposición permanecerá dende o luns 11 o ata o venres 15 de Marzo. Realizándose o obradoiro o venres 15 de Marzo antes das 11:30 h ou despois das 12:30 h.
IES RIO CABE, a exposición permanecerá dende o luns 18 o ata o venres 22 de Marzo. Realizándose o obradoiro o xoves 21 de Marzo de 13:25 h a 14:15 h.











