Escolares do CEIP de Vite plantaron 300 árbores no Avío (Vista Alegre)

O alcalde e a concelleira observan os pequenos realizando a plantación
Uns 170 nenos e nenas de infantil e primaria do CEIP de Vite plantaron 300 exemplares de árbores e arbustos na zona do Avío, en Vista Alegre. Os rapaces que participaron na plantación recibiron cadansúa camiseta, na que se reproduce o debuxo da mascota gañadora do concurso convocado nesta edición tamén no CEIP de Vite. Os gañadores deste certame recibirán os seus premios pola tarde, ás 19:00 horas, nun acto no Pazo de Raxoi.
Ademais dos 300 exemplares desta plantación, o Departamento de Parques e Xardíns facilitou árbores a aqueles colexios que o solicitaron, para que todos puideran celebrar este Día Mundial da Árbore. Así, sumáronse os colexios Ramón Cabanillas, Lamas de Abade e Mestre Rodríguez Xixirei.











