Encontro de mulleres emprendedoras “En mans de mulleres”
Desde a concellería de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller do Concello de Monforte de Lemos e dentro do conxunto de actividades programadas para a celebración do 8 de marzo “Día Internacional da Muller”, decidiuse levar a cabo un Encontro de Mulleres Emprendedoras, titulado “En Mans de Mulleres”.
O Encontro celebrarase a fin de semana do 9 e 10 de Marzo, no espazo dedicado a Mercados Temáticos situado na Praza de Abastos de Monforte de Lemos.
O horario de atención ao público será o sábado 9 de marzo, de 10:00h. a 14:00 h. e pola tarde de 17:00 h. a 21:00 h. e o domingo 10 de marzo, de 10:30 h. a 14:30 h.
A inauguración do acto será o sábado 9 de marzo ás 12:00 horas e ao longo de toda a fin de semana realizaranse diversas demostracións das técnicas coas que as mulleres participantes elaboran os seus produtos.
Sábado 9 de marzo:
-12:00h.:Inauguración.
-12:30 h.:Demostración de tarxetería creativa por Manuela Navarro Guillén.
-18:00 h.: Demostración de pintura artística sobre madeira por Mª Carmen Álvarez Blanco.
-19:30 h.: Demostración de La prensada por Pilar Rodríguez Gonda.
Domingo 10 de marzo:
-12:00 h.: Demostración de pintura sobre seda por Mª Dolores López Vázquez.
Esta iniciativa cobra unha especial relevancia dentro do contexto de crise económica no que nos atopamos, entendendo que desde a administración local estamos obrigadas a fomentalas. Así, desde o CIM levamos a cabo esta actuación específica coa finalidade de promocionar o autoemprego, constituíndo unha acción eficaz para a xeración e mantemento do mesmo, repercutindo na reducción da taxa de paro feminino que segue sendo máis elevada que a masculina.
Concretamente, con actuacións destas características promociónase o crecemento do auto emprego e de iniciativas empresariais, foméntase a incorporación e a participación en igualdade das mulleres no mercado laboral e estimúlase a mulleres emprendedoras a materializar as súas ideas en verdadeiros negocios empresariais, que ademais de xerar auto emprego, posibilitan a incorporación das mulleres á vida económica e ao liderado empresarial.
Con este obxectivo desde a concellería de Igualdade preséntase este proxecto ao conxunto de mulleres que nel participan, as cales, desde o primeiro momento tomárono como un proxecto propio do cal considerábanse responsables e partícipes, colaborando en todo momento na organización e posta en marcha do mesmo.
A maioría das mulleres que participan desenvolven a súa actividade na Comarca de Lemos, pertencen a diferentes ámbitos, chamando a atención que algúns deles caracterizábanse por ser sectores que ao longo da historia estiveron ocupados por homes:
1.- Beatriz Franjo Sotelo, nome comercial “Diseño del sabor”, a súa actividade consiste no deseño e elaboración de repostería personalizada. http://www.alquimiaencocina.com/
2.- Rosa María Pumar Rodríguez, nome comercial Adegas e Viñedos “San Mamed”, titular dunha bodega familiar que se atopa na denominación de orixe da Ribeira Sacra. Elabora viños tintos da variedade mencía, así como, licores variados. Traballa con dúas marcas “San Mamed” e “Linaxe de Lupián”. http://www.sanmamed.es/
3.- Verónica Núñez López, nome comercial “Caurelor”, empresa de corte familiar do Caurel que se dedica á venda de castañas e marmeladas. Son productos totalmente ecolóxicos elaborados dunha forma artesanal. http://www.castanasdocaurel.com/
4.- Manuela Navarro Guillén, nome comercial “Ese rincón do corazón”, que desenvolve un orixinal traballo de scrapbooking, término inglés para definir un libro de recortes feito mediante multitude de procesos creativos como o pegado, recorte ou collage para crear unha composición de memorias e recordos mediante as fotografías. Con esta técnica pódense decorar e personalizar con adornos de todo tipo, desde álbums de fotos ata tarxetas e invitacións. E importante destacar que Manoli converteuse nos últimos meses, nun referente a nivel de toda España na práctica e elaboración de productos a través desta técnica.
Para rematar, sinalar que tamén imparte talleres formativos. http://mininessieandpicatuacompany.blogspot.com.es/
5.- Pilar Rodríguez Gonda, nome comercial “En là”, titular dun taller artesanal que emprega a técnica de fieltrado de lá e fieltro nuno. Para o desenvolvemento do seu traballo utiliza lás merinas de alta calidade e sedas estampadas ou ben tinguidas no propio taller.
Pilar, presidenta da Asociación de Artesáns de Monforte, foi á primeira persoa á que a concellería de Igualdade lle propuxo a realización deste proxecto, valorando moi positivamente esta actividade, prestou en todo momento a súa colaboración, mostrando un gran entusiasmo, participando desde o principio na organización do mesmo. http://www.enla.es/
6.- Mª Dores López Vázquez, nome comercial “De vidro”, titular dun taller en Monforte onde imparte cursos formativos dirixidos ao aprendizaxe de distintas técnicas artesanais. Ampliou a súa actividade coa elaboración e venda de produtos propios principalmente con material de vidro.
7.- Amparo Escrich Albentosa, nome comercial “Amparo Escrich” desenvolve a súa actividade dentro do mundo da cerámica, e imparte módulos formativos.
8.- Concepción Canoura Leira, nome comercial “C. Canoura”, estudiosa das puntillas, técnica en encaixe e autora de varios libros, “Características do encaixe de Camariñas”, “Raizame do encaixe galego”. Nada en Moirame, Muxía leva varias décadas dedicándose ao encaixe de Camariñas desde distintas áreas (formación, publicación de libros, estudos…) caracterizándose por realizar traballos rompedores e moi innovadores.
http://www.todobolillos.es/
9.- Mª Asunción do Rego Mariño, nome comercial “Tesouros”. Propietaria dun negocio de xoiería artesanal situado en Monforte, malia que ela directamente non elabora ningún producto, desde o CIM pareceunos importante a súa participación, xa que representa dentro da muller emprendedora a un sector que co papel de intermediario, permite que os produtos de xoiería artesanal elaborados por outras mulleres nos seus talleres situados en distintos puntos de Galicia, cheguen ao consumidor/a final, cumprindo cunha dobre finalidade, dar a coñecer novos produtos e ampliar a cota de mercado destas artesáns.
10.- Elena Ferro Lamela, nome comercial “E. Ferro, Zocos e Coiro”. (A Golada. Bandeira). Cunha traxectoria familiar de zoqueiros soubo combinar a marroquinería coa elaboración de zocos logrando manter no tempo e en mans de mulleres un oficio masculinizado. Gañadora de varios premios, mostra constantemente en cada un dos seus produtos que modernidade e tradición son perfectamente compatibles.
http://www.elenaferro.com/
11.- Mª Carmen Álvarez Blanco, nome comercial “Art – Caurel” . Propietaria dun taller situado en Froxán (Caurel), onde elabora distintas pezas utilizando a técnica de pintura artística sobre varios materiais (madeira, vidro,…)
12.- Pilar Senso Montero, nome comercial “Pipilotta”. Asturiana afincada en Monforte de Lemos abriu o seu negocio recentemente no que ademais de mostrar as súas coleccións, realiza pezas a medida, así como arranxos en pezas, dándolle un toque persoal e sofisticado. http://www.pipilotta.es/
13. Susana Ares Rosende, nome comercial “Ideas”. Utilizando a técnica de costura creativa elabora distintas formas de crear coa costura e os bordados. Ante o gran éxito de todos os seus produtos ademais de manter o seu taller abrirá proximamente o seu propio negocio en Monforte.
http://entrebordadosehilos.blogspot.com.es/











