Diego “El Cigala” ofrecerá no teatro Jofre de Ferrol o seu único concerto en Galicia
Diego Ramón Jiménez Salazar, coñecido como “El Cigala” ofrecerá mañá sábado, día 2 de marzo, no Teatro Jofre de Ferrol o que será o seu único concerto en Galicia, enmarcado dentro da nova tempada do Ciclo de Grandes Concerto “Sons(S) do Jofre” programado pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado. O concerto comezará ás 20:30 horas e no mesmo “El Cigala” presentará ao público o seu novo traballo discográfico.
A menos de 24 horas para esta gran cita musical, xa están vendidas máis das tres cuartas partes do aforo do teatro municipal; e apenas quedan disponibles un cento de localidades. Estas pódense adquirir de maneira anticipada en internet, na páxina web www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural), ou no propio despacho do Jofre até a hora do concerto.
“El Cigala” está considerado como un dos herdeiros de Camarón de la Isla. Ademáis é unha das voces máis internacionais do noso país, realizando continuas xiras por todo o mundo, e recibindo infinidade de premios e grandes críticas alá por onde pasa. Recentemente recibiu un novo Grammy Latino polo seu último álbum, Cigala & Tango. Sen dúbida, será un dos concertos do ano en Galicia.











