publicidade hoxe

Dia Internacional da Muller

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMuxía
A-
A+

O Concello de Muxía, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, realizou actos de sensibilización e concienciación a prol da igualdade de xénero desde o mes pasado no Instituto de Educación Secundaria Ramón Caamaño, co alumnado de 1º e 2º , asimesmo hoxe, día 8 de marzo, colocouse unha pancarta conmemorativa no balcón principal da Casa Consistorial e a concelleira da muller , Mónica Vilela, leu un manifesto ante os traballadores e traballadoras do Concello e membros da corporación, asi como da veciñanza que se quixo achegar a conmemorar este día.

Os actos de conmemoración rematarán mañan, sábado, día 9 de marzo,ás 19 horas, no Salón de Actos do Voluntariado, coa presentación do libro de Aurora Marco “Teresa Alvajar. Memorias dunha republicana” e a proxección do documental de Pablo Ces “Teresa Alvajar. Compromiso e paixón pola terra”, acto no que participará a autora do libro.

Ademais o Concello dedica o mes de marzo da Galería Mulleres a Teresa Alvajar. Este programa – Galería Mulleres- que pretende visibilizar a aportación da muller á sociedade e difundir o servizo da Biblioteca da Muller , comezou a súa andadura en marzo do 2010, polo que esta semana cumple 3 anos durante os cales cada mes se homenaxeou a unha muller significativa pola súa obra.

11 de marzo de 2013 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.