Día do Pai en Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalNigrán
A-
A+

O vindeiro martes 19 de marzo, festivo local, Nigrán organiza unha tarde para os máis pequenos da casa, con motivo da celebración do Día do Pai. O evento contará con dous inchables, un deles tamén con piscina de pelotas, e un taller de xogos xigantes como o conecta4, twister, escaleira, diana, rañaceos XXL, parchís e xadrez, e celebrarase entre as 17.00 e as 20.00 horas fronte ao novo edificio do concello. En caso de mal tempo, trasladarase ao Pavillón Municipal de Deportes de Panxón. 

18 de marzo de 2013 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.