publicidade hoxe

Declaración institucional dos grupos politicos municipais con motivo do Día Internacional da Muller

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMiño
A-
A+

Na sesión ordinaria do pleno de 19.02.2013 acordouse por unanimidade, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller traballadora, refundir as mocións presentadas por ambos grupos políticos (PP e PSOE) nese pleno ordinario e chegar a un consenso para presentar unha declaración conxunta o día 8 de marzo, día Internacional da Muller, que se expresa nos seguintes termos:

Os voceiros dos Grupos Políticos do Concello de Miño, Partido Popular e Partido Socialista Obreiro Español,  fan a seguinte

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL:

“Con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, nun momento complexo e dificil queremos valorar o importante impulso da igualdade durante os últimos anos na nosa sociedade, o que permitíu incrementar a presenza de mulleres en todos os ámbitos, aportando un potencial fundamental para o desenvolvemento social, económico, político e democrático do noso pais.

Debemos reivindicar a inxente labor que desenvolven milleiros de mulleres que contribuen co seu traballo á loita polo recoñecemento e a defensa dos dereitos das mulleres, que foron abrindo o dificil camiño cara a unha verdadeira igualdade.

Grazas a este gran esforzo colectivo das mulleres do pasado e do presente, foronse conseguindo grandes avances, pero todavía queda moito camiño por percorrer. E é neste propósito, no que o Concello de Miño mantén mais que nunca o seu compromiso coa muller, coa igualdade, coa libertade e coa democracia.

A presenza das mulleres no emprego e no mercado de traballo debe ser impulsada para garantir a igualdade no acceso e no salario, conscientes de que esta igualdade é imprescindible para relanzar a nosa economía. Apoiamos as iniciativas emprendedoras das mulleres; comprometéndonos na loita contra todas as formas de abuso, ataque á dignidade e á liberdade das mulleres e, en especial, á trata de seres humanos con fins de explotación sexual, e á continuar traballando polos dereitos das mulleres, incluindo o dereito a elixir sobre todo o que afecte a súa saúde sexual e reproductiva.

O compromiso coas políticas que garantan o dereito á conciliación da vida profesional, familiar e persoal de homes e mulleres debe plasmarse en medidas que promovan a flexibilidade dos horarios dacordo as necesidades de conciliación das persoas complementadas con recursos sociais e educativos accesibles a todos.

Apostamos por unha cidadania comprometida e dende a nosa responsabilidade política ao frente do Concello de Miño continuaremos co noso traballo con e para a muller, con axudas ao emprego, á conciliación e contra a violencia de xénero.

Polo anteriormente exposto, os Grupos Políticos Municipais  acordan:

  1. Impulsar dende todas as administracións aquelas medidas necesarias para acadar o obxectivo de Igualdade, contribuindo a unha sociedade mais xusta, solidaria e igualitaria.
  2. Solicitar ao Goberno do Estado e ao Goberno da Xunta de Galicia para que continuen impulsando o cumprimento da Lei para a Igualdade efectiva de mulleres e homes, a promoción de políticas que permitan a corresponsabilidade na vida laboral e familiar de homes e mulleres, o desenvolvento de Programas de apoio empresarial a mulleres e a promoción do autoemprego.
  3. Solicitar as administracións autonómica e estatal a promoción dos Plans de Igualdade nas administracións locais e empresas e impulsar a transversalidade de xénero no eido local.
  4. O impulso de políticas e servizos para garantir o dereito das mulleres a decidir sobre a súa saúde sexual e reprodutiva e para previr a violencia de xénero, así como o apoio ás mulleres que a sofren
  5. Buscar a implicación de toda a sociedade civil para que se reconozan os dereitos da muller, e para facer da igualdade de oportunidades unha realidade.
  6. Dar traslado deste acordo ao presidente do Goberno e ao presidente da Xunta de Galicia.
  7. Facer pública esta declaración para toda a cidadanía de Miño, expresando así a intención de facer realidade o seu contido”.
11 de marzo de 2013 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.