publicidade hoxe

Curso de preparación das probas da ESO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisLocal
A-
A+

20130322-26O día 1 de abril comezará no salón de actos do Edificio Multiúsos de Curtis o curso preparatorio para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

O curso desenvolverase de luns a venres en horario de 20.00 a 22.00 horas e está organizado e financiado polo Concello de Curtis. O obxectivo deste curso é a preparación das probas da E.S.O do vindeiro 31 de maio.

A inscrición deberá formalizarse mediante unha folla de inscrición na Casa do Concello (Teixeiro) ou na Oficina Municipal (Curtis).

22 de marzo de 2013 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.