Curso de lingua galega preparatorio para as probas do nivel Celga 4
Os concellos de Padrón, Rois e Dodro van realizar conxuntamente un curso de lingua galega preparatorio para as probas do nivel Celga 4. Esta actividade formativa, da que se poderán beneficiar 30 alumnos dos tres concellos, está subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
O curso terá unha duración de 70 horas lectivas e impartirase no Concello de Dodro, nas aulas da Paxareira, dende o 15 de abril ata o 28 de maio, en horario de luns a venres de 20:00 h a 22:30 h.
Con esta iniciativa os mencionados concellos, pertencentes a Rede de Dinamización Lingüística, contribúen á promoción e ao ensino da lingua galega na Comarca do Sar.