Curso de iniciación á cociña
O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información á Muller, abre o prazo de inscrición para un curso de iniciación á cociña, unha acción enmarcada dentro do II Plan de Igualdade municipal. O curso ten como obxetivo principal a adquisición de habilidades básicas entre os fogóns, e impartirase entre o 16 de abril e o 2 de maio, os martes e mércores de 17.00 horas a 19.30 horas nas instalacións do Restaurante A Queimada, na Carrasca. O 60 % das prazas reservararanse para homes, coa finalidade de favorecer a corresponsabilidade na realización de tarefas domésticas. O coste total do curso é de 10 euros por persoa.











