Culleredo, pioneiro en Galicia na posta en marcha dunha aplicación para móbiles

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocalLocal Portada
A-
A+

O Concello de Culleredo estrea aplicación municipal para móbiles. Trátase do primeiro Concello galego en apostar por o desenvolvemento desta iniciativa, que permitirá ao cidadán un acceso inmediato á información municipal, así como interactuar co goberno local.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, presentou hoxe a aplicación, acompañado de responsables da empresa que a desenvolveu. De entrada foi elaborada para dispositivos Apple, nos que xa está en funcionamento pleno, pero nas próximas semanas estará a disposición tamén de
terminais Android.

A aplicación consta de seis apartados fundamentais:

· Novas. Ofrece a actualidade municipal, tanto a nivel de noticias coma de eventos de axenda ou de información do taboleiro municipal.

· Fotos. Conxunto de fotografías dos principais espazos de Culleredo. A aplicación aproveita as funcionalidades nativas do terminal e permite no momento de ver unha imaxe, ben gardala, copiala o enviala por correo electrónico.

· Directorio. Información de servizos dos diferentes departamentos municipais. Ofrece a posibilidade de chamar directamente e de observar a súa xeo posición, coa funcionalidade de enlazar co navegador do teléfono para chegar a el.

· Culleredo. Reportaxe turístico do Concello. A aplicación está pensada tamén para posibles turistas e visitantes, coma un portal de entrada ao municipio.

· Suxestións. Apartado para enviar suxestións, queixas o reclamacións ao goberno municipal.

· Incidencias. Sección que promove a participación cidadá para a mellora do municipio. Os veciños poden reportar instantaneamente de calquera desperfecto que atopen nas rúas, enviando unha foto ou vídeo e describíndoa en texto para que o Concello tome cartas no asunto.

A aplicación complétase cun apartado sobre o Plan Dinamo, financiado con fondos europeos FEDER, programa que propiciou este desenvolvemento. Ademais, conta con información sobre o estado meteorolóxico de Culleredo e unha saúda do alcalde. O alcalde recoñeceu sentirse “orgulloso” de que Culleredo sexa pioneiro, entre os Concellos de Galicia, en contar cunha aplicación destas características. “Coido que terá unha grande aceptación wwwwww.culleredo.es Gabinete de Prensa: 629 048 469 entre os veciños, pois ten un funcionamento moi sinxelo e se pode obter moi rapidamente toda a información que se inclúe”, afirmou.

Resaltou o modelo de participación cidadá que impulsará a aplicación, dentro do chamado “open government”. “Suporá unha vantaxe para o veciño pero tamén para o Concello, para detectar necesidades no municipio”, sinalou en referencia á comunicación de incidencias.

Esta aplicación únese á administración electrónica que xa funciona en Culleredo. En breve, o Concello estreará páxina web renovada. “Queremos avanzar co ritmo que marca o cidadán e a tecnoloxía”, apuntou Sacristán.

22 de marzo de 2013 | 20:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.