Culleredo lanza 224 prazas de formación para desempregados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+

O Concello de Culleredo lanza un amplo plan de formación cun obxectivo claro: incrementar a capacitación e así promover a inserción laboral de veciños que se atopen en situación de desemprego. A Concellaría de Formación deseñou un programa que conta con 224 prazas en modalidades elixidas segundo as necesidades do mercado laboral.

O goberno municipal tivo en conta as necesaidades cambiantes dos postos de traballo á hora de configurar a oferta de accións formativas. A concelleira de Formación, Marta Iglesias, apunta e ao mesmo tempo que se procura a mellora da capacitación, “o plan está dirixido a
formar na actualización e reciclaxe profesional”.

O plan de formación terá lugar durante os próximos meses no centro municipal de Formación e Emprego “Pablo Picasso”, situado no Burgo, na rúa Antonio Machado. As accións formativas incluídas son as seguintes (anexamos programa completo con obxectivos, prazas e
duración de cada acción):

CURSOS

Manipulador de alimentos.
OBXECTIVO DO CURSO:Adquirir os coñecementos, destrezas e actitudes necesarias para aplicar no seu posto de traballo un comportamento correcto e as técnicas axeitadas de hixiene e sanidade alimentaria en manipulación de alimentos, para impedir a súa contaminación e previr posibles alteracións alimentarias en aquelas especialidades de Industrias Alimentarias, Hostalaría e aquelas outras para cuxo exercicio profesional se necesite.
DURACIÓN DO CURSO: 4 horas
MODALIDADE: Presencial.
Nº ALUMNOS/AS: 20

Servizos de bar e cafetería: Técnicas básicas de servicio de bebidas e alimentos en barra.
OBXECTIVO DO CURSO: Desenvolver os procesos de preservicio, servicio e postservicio propios do bar-cafetería, aplicando con autonomía as técnicas correspondentes ao servicio de alimentos e bebidas en barra, acollendo e atendendo ao cliente, respectando as normas e prácticas de seguridade e hixiene na manipulación alimentaria
DURACIÓN DO CURSO: 40 horas
MODALIDADE: Presencial.
Nº ALUMNOS/AS: 12

Manipulación de cargas con carreta elevadora.
OBXECTIVO DO CURSO:Realizar as operacións necesarias para a manipulación e desprazamento de diferentes tipos de mercancías utilizando a carreta elevadora, aplicando a normativa correspondente á lexislatura sobre a prevención de riscos e saúde laboral.
DURACIÓN DO CURSO: 15 horas
MODALIDADE: Presencial.
Nº ALUMNOS/AS: 12

Ferramentas informáticas básicas para a busca de emprego. ( 2 EDICIÓNS)
OBXECTIVO DO CURSO:Efectuar as operacións básicas dos servizos e aplicacións de internet e do correo electrónico para facilitar a busca de emprego a través da rede.
DURACIÓN: 40 horas.
MODALIDADE: Presencial.
Nº DE ALUMNOS/AS: 15

Técnicas de venda e atención ao/á cliente.
OBXECTIVO DO CURSO: Adquirir e/ou perfeccionar coñecementos a través da analise dos diferentes elementos que interveñen no proceso de venda e na atención ao/á cliente e ao mesmo tempo desenvolver e conseguir habilidades na práctica da venda comercial.
DURACIÓN DO CURSO: 40 horas
MODALIDADE: Presencial.
Nº ALUMNOS/AS: 15

TALLERES

Habilidades para a busca de emprego ( 2 EDICIÓNS)
OBXECTIVOS: Adquirir habilidades básicas para a busca de emprego, definir o obxectivo profesional en función da formación, a experiencia e as características persoais, coñecer as ferramentas de busca e aprender técnicas para enfrontarse a unha entrevista de traballo.
DURACIÓN DO TALLER: 6 horas
MODALIDADE: Presencial.
ALUMNOS/AS: 15

A idea de emprender ( 2 EDICIÓNS)
OBXECTIVOS: Difundir cómo se xeneran as ideas empresariais e coñecer as características dun emprendedor.
DURACIÓN DO TALLER: 3 horas
MODALIDADE: Presencial.
ALUMNOS/AS: 15

Creación de empresas: Autoemprego. ( 2 EDICIÓNS)
OBXECTIVOS: Apreder qué é o autoemprego, coñecer cómo establecerse por conta propia a través da creación dunha empresa, identificar ferramentas de analise e valoración das áreas do plan de empresa.
DURACIÓN DO TALLER: 8 horas
MODALIDADE: Presencial.
ALUMNOS/AS: 15

Inglés básico na procura de emprego.
OBXECTIVO DO CURSO: Resolver de forma correcta e fluida situacións cotiás en lingua inglesa, desenvolvendo procesos de comprensión oral e escrita e expresión oral.
DURACIÓN DO CURSO:60 horas
MODALIDADE: Presencial
Nº ALUMNOS/AS: 15

COMPETENCIAS CLAVE

Apoio á preparación para as probas de avaliación en competencias clave. ( 2 EDICIÓNS )
OBXECTIVO: Apoio na preparación das seguintes competencias: lingua española, lingua galega, matemáticas; para o acceso aos cursos de novos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional de formación profesional para o emprego.
REQUISITOS: Non ter formación regrada igual ou superior á ESO, 2º de B:U:P:, ou equivalente.
DURACIÓN DO TALLER: 20 horas
MODALIDADE: Presencial.
Nº ALUMNOS/AS: 15

18 de marzo de 2013 | 12:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.