Culleredo celebra o venres 8 a Cea de Mulleres Cullerdenses pola Igualdade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCulleredoLocal
A-
A+

20130308-13Desde o ano 2012, as asociacións de mulleres cullerdenses, co apoio da Concellaría de Igualdade, retomaron a organización da tradicional Cea de Mulleres Cullerdenses pola Igualdade que, con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, celébrase dende hai 18 anos.

Este ano a cea-baile terá lugar o propio día 8 ás 21.30 horas e será, como na anterior edición, no Pazo de Vilaboa. O Concello informa de que son as propias asociacións as que fan as inscricións e recadan os cartos.

O prazo de inscrición remata o mércores 6 de marzo. Os medios para anotarse son os seguintes:

– Asociación A Xeca (Vilaboa, detrás da oficina de Correos). Teléfono: 661 910 585
– Asociación Rosalía de Castro (Edificio de Servizos Múltiples do Burgo). Teléfono: 639 513 466
– Asociación Alancada (Tarrío). Teléfono: 607 180 712

Rocío Sampedro, concelleira de Muller, agarda que o evento sexa multitudinario como sempre foi, e constitúa un acto mais de reafirmación do papel da muller en Culleredo e un recoñecemento a súa loita diaria por acadar unha igualdade efectiva.

8 de marzo de 2013 | 13:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.