publicidade hoxe

Cortegada adicará a D. Plácido Méndez o vial de acceso ao Balneario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCortegadaLocal
A-
A+
Plácido Méndez

Plácido Méndez

O Concello de Cortegada aprobou no seu último Pleno adicar o vial de acceso ao novo Balneario á memoria de D. Plácido Méndez e a praza contigua a este Balneario á Fundación Balneario de Cortegada. Tamén se aprobou na mesma sesión iniciar o expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados pola execución do Polígono 1 do Parque Empresarial de Cortegada.

Con motivo da construción do no Balneario de Cortegada situado no Baño do Monte, o Concello de Cortegada tivo que adecuar e abrir novos viales de acceso ao mesmo. Así, no Pleno municipal celebrado o pasado mércores 20 de marzo, aprobouse por unanimidade os seguintes acordos:

1. Adicar un dos viales de acceso a D. Plácido Méndez, funcionario deste Concello que iniciou o seu traballo nesta administración cando contaba só coa idade de 15 anos e, que desgraciadamente, faleceu aos 50 anos, tras unha longo enfermidade. Na sua dilatada vida de adicación ao Concello, estivo a disposición dos veciños durante as 24 horas do día, para resolver todo tipo de cuestións e destacou pola sua implicación e fomento nas actividades socioculturais do Concello, sendo o organizar e principal impulsor. Asemade foi o creado da Charanga Monte do Baño de Cortegada, hoxe xa disolta.

2. Adicar a Praza que se atopa xunto ao Novo Balneario á Fundación Balneario de Cortegada, que pasa a denominarse Praza da Fundación Balneario de Cortegada, cuxo Presidente é o Alcalde do Concello, D. Avelino Luis de Francisco. Esta entidade foi a promotora e pioneira á hora de por en valor o importante patrimonio natural de Cortegada, que son as suas augas mineiromediciñais, así calificadas o pasado ano mendiante Resolución da Consellería de Innovación e Industria.

3. Iniciar o Expediente de Expropiación Forzosa dos bens e dereitos afectados para proceder á execución do Polígono 1 do Parque empresarial de Cortegada, para o que xa se dispón dun proxecto de desenvolvemento do mesmo, recollido no Plan Urbanístico do Concello cuxa primeira fase egloba 70.647 m2

22 de marzo de 2013 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.