Corte de tráfico na avenida de Joaquín Planells

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Tráfico e Mobilidade informa de que, con motivo das obras de canalización da rede de Unión Fenosa Distribución na avenida de Joaquín Planells, o carril da marxe dereita da calzada -en sentido entrada á cidade- dende o número 81 desta rúa, cunha lonxitude aproximada de 70 metros- quedará cortado dende o luns, 11 de marzo. O Concello da Coruña manterá sempre un carril de circulación, dándose tráfico alternativo a través de semáforos.

11 de marzo de 2013 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.