Corenta escolares participan no programa de conciliación da Semana Santa

Vista xeral dos participantes
A concelleira de Educación, María Castelao, visitou os rapaces e rapazas que están participando no CEIP As Fontiñas programa municipal de conciliación laboral e familiar no período das vacacións de Semana Santa 2013. Uns corenta nenos están inscritos nas actividades. Graza a este programa municipal de conciliación para esta Semana Santa, as familias compostelás dispoñen dun espazo no CEIP As Fontiñas para conciliar o seu horario laboral co lecer e a educación dos seus fillos. As actividades desenvólvense durante os días 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril.
No programa, que dá continuidade ao realizado o ano anterior tamén en semana Santa, participan nenos e nenas de 3 a 12 anos que cursan estudos en centros de educación infantil e primaria entre o 2º Ciclo de Educación Infantil e o 3º Ciclo de Educación Primaria.
O CEIP As Fontiñas está aberto de 7:45 a 15:30 horas. Ofrécese un servizo de madrugadores con e sen almorzo (de 7:45 a 9:00 horas) e o servizo de comedor (de 14:00 a 15:30 horas). O resto do tempo, os rapaces participan en diversas actividades e obradoiros, a maioría vinculados ao medio ambiente e a estas datas de Semana Santa.
Os prezos de participación deste programa van dende os 52 euros da modalidade completa (madrugadores con almorzo, comedor e actividades) ata os 27 da modalidade de só actividades, sen incluír os descontos por familia numerosa ou por asistencia de dous ou máis irmáns.











