publicidade hoxe

Conmemoración do Día Internacional da Muller

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNegreira
A-
A+
garg

Participantes

A emisora municipal Radio Negreira acolleu o acto conmemorativo do Día Internacional da Muller, o venres 8 de marzo, cun programa especial promovido dende a Concellaría de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, en colaboración co Centro de Información á Muller (C.I.M.), e mailo instituto Xulián Magariños.

A concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, Cintia Picado Costa, fixo unha semblanza das orixes desata conmemoración para logo participar nun coloquio sobre os avances en igualdade de dereitos entre homes e mulleres, contanco coa participación de Rosa Fuentes, directora do CIM; Natalia Suárez, psicóloga do CIM, e maila presidenta da asociación de amas de casa de Negreira, Soledad de la Fuente. Igualmente, levouse a cabo un sorteo dun agasallo entre os radio oíntes que chamaron á Radio.

Dentro deste programa especial polo 107.0 da FM que podes escoitar no enlace dispoñible nesta información, tívemola oportunidade de contar coa participación de cinco mozas estudantes do instituto Xulián Magariños, quenes recitaron poemas e leron relatos relacionados co Día Internacional da Muller. Lucía, Alicia, Patricia, Beatríz e Verónica estiveron acompañadas por Nuria Araúxo García, coordinadora do Departamento de Dinamización Lingüística do IES Xulián Magariños.

11 de marzo de 2013 | 20:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.