Comezan os Obradorios de Semana Santa organizados polo Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal
A-
A+

Comezan os Obradoiros de Semana Santa 2013 organizados polo Concello de Cambre para nenos e nenas do 2º ciclo de Ed. Infantil, Primaria e 1º da ESO, e gustaríanos informarvos de como se van desenvolver.

Datos de interese:

Datas: 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril de 2013.

Lugar: Colexio Wenceslao Fernández Flórez de Cambre: patio do colexio, aulas centro escolar, ximnasio do colexio e pavillón municipal de Cambre.
Horario:
Gardería: 7:30 a 9:30 horas.
Actividades de maña: 9:30 a 13:30 horas.
Xantar: 13:30 a 16:30 horas
Comedor: 13:45 a 14:45 horas.
Actividade de grupo (aula teatro): 15:00 a 16:30 horas.
Lugar de recepción antes das 9:30 h: no aula de teatro. Lugar de recollida ás 13:30 h.: no pavillón polideportivo. Lugar de recollida ás 16:30 h.: no aula de teatro.
Os participantes poderán levar merenda para tomala a media mañá.
O monitorado é: Cristina González, Lucía Gómez, Diego Abalde, Ana Mª Pampín, Iria Pazos, Tania Oreiro, Silvia Aguión.
Os coordinadores do campamento son: María González 637 734 691 e Belén Sánchez: 655 298 313Poden contactar con eles para aclarar calquera dúbida que vos poida xurdir, en horario de 7:30 a 17:30 horas.

¿Que precisan para eses días?

Un mandilón ou camiseta grande que non lles importe manchar para as actividades de manualidades, xa que van manipular pintura, pegamento, plastilina, etc. (material adaptado a idades dos nenos).

Roupa e calzado cómodo. É recomendable que a roupa veña marcada co seu nome para evitar extravíos (sobre todo os máis pequenos).

O día 1 de abril (luns), realizarase unha festa de despedida á que están invitados os familiares (nais, pais, avós..) que queiran acudir. Nesta festa entregaranse os diplomas e faranse xogos populares, O horario será de 10 a 13h.

HORARIO DO BUS

Ida:     

8:45: Colexio Graxal

8:55 Colexio Portofaro

9:00 Urb. Barcala

9:10 Colexio Brexo-Lema

9:20 Colexio Sigrás

9:30 Colexio Cambre

Volta:     

16:30 Colexio Cambre

16:40 Colexio Sigrás

16:50 Colexio Brexo-Lema

17:00 Urb. Barcala

17:05 P.Bus “Cervecería Os templarios” (os que solicitaron CEIP Portofaro)

17:15 Colexio

22 de marzo de 2013 | 20:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.