Clasificación e cadro de gañadores da Tirada de Bolos de Morás
Liga Senior Masculina.- Nesta categoría teñen premio e trofeo os 12 primeiros clasificados ao remate da temporada; pois ben, despois de 17 tiradas, só César Cancelos (5º) e Jose Vigo (6º) teñen asegurada a posición. O resto pode variar na última tirada que imos ter o vindeiro sábado en Sumoas.
Neste intre só tres xogadore poden optar a gañar esta edición, xa que Sócrates perdeu este tren despois dunha mala tirada, atopándose agora a máis de 13 puntos do líder, polo cal matemáticamente xa non pode gañar, iso sí, pode aspira inda ao terceiro posto, contando tamén cunhas remotísimas posibilidades de acceder ao subcampeonato.
Dentro dos tres primeiros, Carlos Javier tirou pola borda prácticamente tódalas súas posibilidades de victoria final ao fallar na última tirada de Morás, cando tiña posibilidades de gañar ou facer o segundo posto, o que lle permitiría recortar puntos ao líder, pero non foi así, e agora a 11 puntos da cabeza e dificilísimo que poida superar a Arturo e a José Rafael na última tirada.
Polo tanto, serán con toda seguridade Arturo Vigo e José Rafael os que se disputen a victoria final. A favor de Arturo a súa experiencia e o seu temple nos momentos de tensión; pero bueno, Rafa xa demostrou ao longo da súa dilatada carreira que é capaz de superar momentos difíciles. Trátase dos dous xogadores con mellor palmarés no campionato: Arturo Vigo ten 12 campionatos, 3 subcampionatos e 1 terceiro posto. José Rafael ten 4 campionatos, 5 subcampionatos e 7 terceiros postos.
Para a mellor bolada do campionato están empatados Arturo Vigo e Jordi Meitín con 98 tantos, polo que seguramente terán que ir a un desmpate en Sumoas.
Liga Senior Feminina.- O máis salientable deste fin de semana para esta Liga foi que Dolores Baño conseguiu adiantar a Concepción Piñeiro na clasificación e agora é terceira con 42 puntos, un máis que Concepción. Entre elas dúas vanse disputar esa terceira praza do podium. Nesta categoría teñen premio final e trofeo as 5 primeiras clasificadas; tamén para o 5º posto pelexan Salomé Bermúdez e Paula Campo, ambas con 20 puntos.
O mesmo que na categoría anterior, a mellor bolada téñena empatada Carmen Roca e Dolores Baño con 69 tantos.
Liga Sub 16.- Nesta Liga todo decidido, xa que os 5 primeiros postos que dan opción a premio en metálico e trofeo xa están confirmados. Coa mellor bolada temos neste intre a Daniel López con 71 puntos, obtidos por certo este pasado fin de semana en Morás. Tentar de batir esta bolada vai ser o único aliciente nesta categoría na última tirada de Sumoas.












