Clasificación de bolos liga 2012-2013 en Xove
Liga Senior Masculina.- Ao final non houbo sorpresas, e Arturo Vigo, por un marxe de dous puntos, impúxose a José Rafael González na auténtica final deste campionato, disputada moi duramente entre os dous xogadores con mellor palmarés no historial deste campionato que xa acada os 24 anos. A incomparecencia de Carlos Javier Rodríguez por enfermidade, fixo que Sócrates Campo acadara finalmente a terceira praza do podium final.
Liga Senior Feminina.- Nesta categoría salientar a confirmación de Dolores Baño como 3ª no podium final, praza á que accedeu a pasada semana grazas aos puntos obtidos en Morás. Concepción Piñeiro, que optaba a esa terceira praza, non foi capaz de puntuar, polo que se quedou coa cuarta praza final.
Liga Sub 18.- Nesta Liga xa estaba todo decidido, xa que os 5 primeiros postos que dan opción a premio en metálico e trofeo xa estaban confirmados de antes.
Por último, decir que a entrega de premios estivo presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro, que agradeceu a tódolos/as participantes, a súa participación nesta competición de deporte popular autóctono, que dende hai 24 anos ven organizando o Concello. Esta edicción contou coa colaboración do IES Illa de SArón para as Xornadas Iniciais de Promoción dos Bolos, e tamén co Club de Bolos Xove, Club do que forman parte a maioría dos xogadores/as que participan neste campionato.
Como remate desta temporada, o vindeiro SÁBADO 16 DE MARZO, a partires aproximadamente das 15:30 horas, vai ter lugar no Centro Social de Sumoas a Xª COPA DE BOLOS CONCELLO DE XOVE.












