Ciclo de cinema dedicado á muller na Guarda
Para darlle continuidade ao ciclo de cinema dedicado á muller “ELAS”, hoxe ás 20:30h proxectarase no Centro Cultural da Guarda a película Cleopatra.
Uhna película que, segundo o seu director, Eduardo Mignona, fala do dilema entre vivir como un quere ou como debe vivir.
Norma Aleandro dá vida a unha mestra xubilada que xunto a unha nova e famosísima actriz de telenovelas, fartas das súas rutinas, decídense a lánzarse a vivir unha fin de semana diferente, dando o primeiro paso para torcer a dirección dos seus destinos.











