Charla sobre os cometas este sábado no Froebel de Pontevedra
O Concello de Pontevedra organiza este sábado, en colaboración coa Asociación Sirio unha charla no colexio Froebel sobre os cometas.
Será a partir das 20.00 horas e de balde até completar aforo. Terá unha hora de duración. Esta charla está enmarcada dentro das actividades organizadas pola Concellaría de Consumo sobre astronomía, coincidindo este ano o paso de dous cometas próximos á Terra.











