Charla sobre cooperativas e explotación comunitaria da terra en Palas de Rei

Instante da charla
Ao redor de medio centear de veciños do municipio de Palas de Rei asistiron no día de onte a charla informativa, organizada polo Concello de Palas de Rei, sobre: “cooperativas e explotación comunitaria da terra” que tivo lugar no salón de actos da casa de cultura ás 20.30h.
Na charla, impartida por David Villa coordinador de AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias), os participantes familiarizáronse dende con aspectos como: qué se entende por unha cooperativa, quénes poden ser socios dunha cooperativa, principios e normativa que rexen unha cooperativa, a tipoloxía de cooperativas, os órganos dunha cooperativa (asamblea xeral, consello reitor,…) ata os pasos a seguir para constituir unha cooperativa en Galicia. Os participantes na charla afondaron coas súas intervencións nas cooperativas agrarías e nas de explotación comunitaria da terra. Así como tamén o turno de intervencións dos asistentes, estivo marcado por cuestións relacionadas cunha posible constitución dunha cooperativa de comercialización das castañas neste municipio, donde o público se interesaba dende aspectos como o capital social ata aspectos como en que tipoloxía se encadraría unha cooperativa desta embergadura (se cooperativa agraría ou cooperativa de explotación comunitaria da terra).











