Charla medioambiental en Xove dirixida aos rapaces do IES Illa de Sarón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalXove
A-
A+
Charla cos alumnos

Charla cos alumnos

Coincidindo coas celebracións internacionais do Día Internacional do Árbol, hoxe, ás 12:30 horas, 55 alumnos/as de 1º, 2º e 3º de ESO do IES Illa de Sarón asistiron no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove a unha CHARLA-COLOQUIO SOBRE O “PAPEL DOS BOSQUES E A RESPOSTA DA CIDADANÍA”, a cal foi impartida por D. Antonio de María Angulo, enxeñeiro forestal e membro de PFEC España.

Antes da charla, os rapaces, acompañados polo ponente, tiveron a oportunidade primeiro de visitar a exposición “Economía verde y desarrollo rural, ¡Aprovechemos nuestros bosques!”, onde Antonio lles comentou de maneira xeral o contido da exposición. De seguido, xa no Salón de Actos, tivo lugar a charla, que durou uns 20 minutos, para posteriormente pasar ás preguntas, fase que durou cáseque 40 minutos, e na cal os rapaces/as do IES lle realizaron multitude de preguntas ao ponente.

A charla foi organizada polo Concello de Xove, aproveitando a presenza de D. Antonio de María, quen, pola tarde e no mesmo lugar, vai ofrecer outra charla-coloquio sobre “CERTIFICACIÓN DE GESTIÓN FORESTAL SOSTENIBLE”, esta última dirixida a toda a poboación en xeral, e en especial aos propietarios/as de montes.

20 de marzo de 2013 | 16:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.