Charla-coloquio sobre “certificación de xestión forestal sostible”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalXove
A-
A+

O vindeiro MÉRCORES 20 DE MARZO, ÁS 19:00 HORAS, imos ter no SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CÍVICO  unha CHARLA-COLOQUIO SOBRE “CERTIFICACIÓN DE XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE”, a cargo de Antonio de María Angulo, de PFEC España. Esta charla  vai estar aberta ao público en xeral,  con entrada libre, pero é especialmente interesante para os propietarios/as de montes.

Coincidindo con esta actividade, o pasado  xoves 14 de marzo abriuse na Sala de Exposicións do Centro Cívico a Exposición “APROVEITEMOS OS NOSOS BOSQUES”, da cal enviamos información na nota que se adxunta á presente información.

A exposición ” Aproveitemos os nosos bosques! ” segue o seu percorrido por Galicia

A exposición itinerante “Economía verde e Desenvolvemento rural. Aproveitemos os nosos bosques! “, que PEFC España está presentando en varias provincias españolas, poderá visitarse no municipio de Xove (Lugo) durante dez días do presente mes de marzo.

A mostra consta de varios paneis informativos que abordan cuestións relacionadas coa Xestión Forestal Sostible e a certificación forestal como ferramenta idónea para coidar os bosques. Permanecerá situada na Sala de Exposicións do Centro Cívico dende o xoves 14 ao domingo 24 de marzo, e estará aberta ao público en xeral de 18:00 a 21:00 horas. Os centros educativos da bisbarra que o desexen poderán visitala en horario de mañá, logo de aviso.

A exposición forma parte do proxecto “Desenvolvemento Forestal Sostible 2013”, que PEFC España está a desenvolver en varias Comunidades Autónomas, e cuxo obxectivo é crear instrumentos piloto de planificación colectiva para potenciar, impulsar e desenvolver unha xestión sostible do territorio forestal. O proxecto está cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio e o FEADER. (Máis información en: http://www.pefc.es/desarrollo_foresal.html)

PEFC España e PEFC Galicia animan a propietarios, xestores, administracións, empresas, axentes sociais e cidadáns, a coidar, conservar e protexer os bosques, para que as futuras xeracións poidan seguir gozando das súas funcións sociais, ambientais e económicas, e para que sigan sendo motor de emprego e desenvolvemento no medio rural.

18 de marzo de 2013 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.