Centenarios de Betanzos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzosLocal
A-
A+
Visita ás centenarias

Visita aos centenarios

O alcalde, Ramón García Vázquez, e a concelleira de Servizos Sociais, María Barral, visitaron dous veciños de Betanzos que acaban de celebrar no seu 100 e 101 aniversarios respectivamente. Trátase de José María Pedro ponte Ares, veciño da rúa Pérez Salas, que cumpriu 101 anos e que o celebrou rodeado do seu fillo e nora.

O alcalde entregoulle unha placa conmemorativa nun acto que sempre se celebra cando os veciños cumpren 100 anos pero que por asuntos persoais no caso de José María Pedro Ponte non puido realizarse o pasado ano. O alcalde tamén asistiu ao aniversario de Jesusa Bermúdez Suárez, da rúa Rosalía de Castro, que celebrou os seus 100 anos de idade con sobriños, primos e numerosos amigos.

8 de marzo de 2013 | 13:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.