Celebracións do patrón dos Servizos de Extinción de Incendios da Coruña

Participantes no partido
Esta mañá celebrouse un partido de fútbol na Cidade Deportiva da Torre e que se enmarca dentro dos actos que se desenvolven con motivo do día de San Juan de Dios, patrón do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento (SEIS).
A Concellaría de Seguridade Cidadá recorda que mañá, sábado 9 de marzo, se celebrará a actividade ‘Servizo de Bombeiros na Rúa’, na que unha dotación composta por unha bomba urbana pesada, unha autoescaleira e unha bomba ama pesada permanecerán de 11.00 a 14.00 horas xunto ao Obelisco para que as persoas interesadas poidan achegarse a ver os camións, falar cos bombeiros ou preguntar sobre o seu traballo.











