Celebración do Día Internacional da Muller Traballadora en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalXove
A-
A+

A Concellería de Muller e Igualdade do Concello de Xove, sumándose ás celebracións do Día Internacional da Muller Traballadora, organiza para o vindeiro domingo, 10 de marzo, ás 17:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, a VIª CHOCOLATADA para as mulleres do Concello.

Dende a Concellería realizouse unha invitación a tódalas mulleres do Concello a que asistan a este acto, animándoas a participar neste evento que, basicamente,  pretende recoñecer as aportacións da muller dentro da nosa sociedade.

Continuando coas actividades de celebración, e neste caso contando coa colaboración do IES Illa de Sarón,  o luns, 11 de marzo, ás 17:00 horas, imos ter no Salón de Actos do Centro Cívico a PRESENTACIÓN DO PROXECTO “Co-rresponsais Xove” e actividades conmemorativas do alumnado do IES “Illa de Sarón” de Xove.

7 de marzo de 2013 | 12:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.