Castrelo de Miño acudirá á Feira Xantar coas festas gastronómicas e as adegas
O concello de Castrelo de Miño acudirá á feira Xantar que se celebra en Expourense entre o 6 e o 10 de marzo.
Cun stand promocional propio promocionará as principais festas gastronómicas de Castrelo de Miño, con degustacións gratuitas ás 12:30 horas dos produtos de Castrelo de Miño, maridados cos viños do Ribeiro das adegas de Castrelo de Miño.
– Así o mércores 6 será o día da Festa da Anguía de Barral
– O venres 8 a festa da Codorniz de Cortiñas
– O sábado 9 a festa do Xarrete de Macendo, e
– O domingo 10 a festa da Rosquilla das Bouzas.
Cada un destes días haberá unha degustación dos produtos elaborados polas propias comisións de festas que colaboran activamente co concello neste evento promocional.
E todo isto, maridado cos viños de 12 adegas do Ribeiro de Castrelo de Miño.
Este ano 2103 será a segunda ocasión na que asista con este formato o concello de Castrelo de Miño, visto o éxito acadado o pasado ano 2102. As adegas e as comisións de festas consideraron que este é un evento promocional que axuda á difusión das festas gastronómicas e dos viños das adegas de Castrelo de Miño.