Carlos “Charly” López, campión galego de kick boxing, disputará o campionato mundial

“Charly” López durante un combate
O deportista goianés Carlos “Charly” López, campión galego de Full Contact e de Kick Boxing, viaxa á cidade francesa de Bordeus onde disputará a Final Mundial de Full Contact K1, o vindeiro sábado 23 de marzo.
O tamén subcampión de España de Kick Boxing, practicou durante 9 anos o piragüismo no club Kayak Tudense, antes de dedicarse profesionalmente a este novo deporte.
Esta é a primeira vez que o goianés, de 24 anos de idade, sae fora de España para asistir a unha competición deportiva.
No vindeiro mes de xuño, o boxeador organizará coa colaboración do Concello, os campionatos galegos de Kick Boxing que terán lugar no Polideportivo de Goián.











