Cambre propoñerá a adhesión ao convenio do Fondo Social de Vivendas en Aluguer

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal
A-
A+

O goberno local de Cambre propoñerá no pleno do 4 de abril a adhesión ao convenio do Fondo Social de Vivendas de Aluguer. Trátase do fondo social de vivendas en aluguer que viu a luz o pasado 17 de xaneiro coa firma do convenio entre os ministerios de Economía, Sanidade e Fomento. Os beneficiarios, familias que sufriron un desafiuzamento e en situación de vulnerabilidade. A FEMP subscribiu cos Ministerios de Economía e Competitividade; de Sanidade e Asuntos Sociais; e de Fomento, así como co Banco de España e a Plataforma do Terceiro Sector, o convenio que considera a creación do fondo social de vivendas destinadas ao aluguer.

O fondo, que empezará a funcionar o próximo mes de abril, constituirase cunhas 6.000 vivendas propiedade das entidades financeiras para as que se fixarán mensualidades de escasa contía e ás que poderán acceder persoas que fosen desaloxadas da súa primeira vivenda dende o 1 de xaneiro de 2008 e que, ademais, se encontren en situación especial vulnerabilidade social.

O concello non se adheriu antes a este convenio debido a que as entidades bancarias coa que se puxo en contacto en xaneiro non tiñan coñecemento de ningunha vivenda no noso municipio. O pasado xoves recibiuse un correo da FEMP onde se informaba que en Cambre constaba unha vivenda no Tempero. Por este motivo, este goberno de xeito urxente decidiu adherirse ao convenio coa Federación de Municipios para que os cambreses que o necesitan poidan optar a esta vivenda.

26 de marzo de 2013 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.