Café-Coloquio: A Muller…interxeracional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanasLocal
A-
A+

Continuando co programa de actividades enmarcadas dentro do programa municipal de promoción da igualdade, este martes 12 de marzo levarase a cabo un café-coloquio co título “A Muller…interxeracional”. A actividade levarase a cabo a partir das once da mañá e o seu escenario será a Escola Laica de Cabanas. Trátase dun actividade gratuíta e aberta a todos os que desexen participar na mesma.

As persoas participantes no obradoiro de envellecemento activo, que tamén organizan os Servizos Sociais do Concello de Cabanas, serán os que farán de anfitrións desta actividade, aportando ó coloquio a súa perspectiva tanto como mulleres como persoas con tantos anos de experiencia, tanto na familia como no traballo fóra da casa e na comunidade.

Quen estivera interesado en participar nesta actividade ou recadar máis información acerca da mesma poderao facer nos Servizos Sociais do Concello de Cabanas ou chamando ó teléfono 981 49 59 59.

11 de marzo de 2013 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.