Becas para a realización de cursos de idiomas en países da Unión Europea

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal
A-
A+

No concellería de ensino da Laracha xa poden tramitarse as solicitudes das axudas a estudantes universitarios para a realización de cursos de idiomas durante o próximo verán nalgún estado membro da Unión Europea que convoca a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Os solicitantes deben estar matriculados en unha das tres universidades galegas ou ben nos centros asociados da UNED de Galicia. Os cursos de idiomas deben realizarse entre o 1 de xuño e o 30 de setembro deste ano 2013, sendo a duración mínima de tres semanas.

Os interesados deben presentar a súa solicitude coa documentación requirida antes do día 5 de abril.

8 de marzo de 2013 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.