Axenda do Concello para a fin de semana en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOurense
A-
A+

Sábado, 9 de marzo de 2013

17 h. (Aula de Natureza de Oira): Uns 70 nenos participan nas “Xornadas de Pesca sen morte”, organizadas pola Concellería de Educación. As xornadas celébranse durante todo o día do sábado e a mañá do domingo, e consisten nun conxunto de clases teóricas e prácticas para convertir aos nenos en pescadores responsables.

20:30 h. (Teatro Principal): Preestrea do documental “Entreparadas”, da asociación de Prevención de Accidentes de Tráfico P(A)T Galicia. O documental, que está dirixido por Toño Chouza en colaboración de Jorge Coira e María Liaño, narra o proxecto de inclusión social “Entreparadas”, que se desenvolveu na cidade patrocinado polo Concello de Ourense. (As entradas están esgotadas).

Domingo, 10 de marzo de 2013

12 h. (Liceo de Ourense): O alcalde, Agustín Fernández, e a concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, asisten á primeira interpretación do himno de Ourense, de Manuel de Dios, por parte da banda municipal de música de Ourense.

13 h. (Expourense): O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e a concelleira de Turismo, Mónica Vázquez, asisten á clausura do Salón Galego de Gastronomía e Turismo, Xantar 2013.

Luns, 11 de marzo de 2013

12 h (Salón de Plenos): Presentación do programa “Ponte nas Ondas”, organizado pola Facultade de Ciencias de Educación da Universidade de Vigo, en colaboración coa Concellería de Educación. Asisten a concelleira de Educación, Ana Garrido, e representantes da Universidade de Vigo, así como alumnado colaborador coa organización.

19:30 h. (Praza de San Brais, As Curuxeiras): O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, asiste ao acto homenaxe ás víctimas do 11-M, organizado pola Asociación de Veciños As Laxas.

8 de marzo de 2013 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.