Augas de Galicia inicia os traballos de mantemento do río Outeiro en Balea-Darbo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasLocal
A-
A+

Augas de Galicia informou na data de hoxe ao Concello de Cangas o inicio das obras de mantemento, conservación e mellora que se levarán a cabo no río Outeiro en Balea, na parroquia de Darbo. A actuación contemplará o desbroce puntual daquelas zonas do cauce do río que se atopen ocultas, da poda selectiva de arbustos que invadan o leito, así como da recollida de RSU que se atopen ao longo do seu curso. (Achégase comunicado).

DECLARACIÓN HISTÓRICA PARA AS EXCAVACIÓNS DO FACHO DE DONÓN

O Concello de Cangas quere mostrar a súa satisfacción polo acordo adquirido no Consello da Xunta celebrado onte, no que se autorizou a declaración do xacemento arqueológico do Monte do Facho en Donón como Ben de Interese Cultural (B.I.C.)

Trátase dunha declaración histórica que ven a refrendar o traballo ralizado desde o ano 2001.

O Alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo, quere dar as grazas publicamente ao Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, pola resolución deste expediente cumplindo así o compromiso acadado neste asunto, aos veciñ@s de Donón que entenderon da importancia desta declaración, á Comunidade de Montes de O Hío que facilitaron os trámites para poder obter esta declaración, e por suposto, tamén ao arqueólogo, José Suárez, promotor desde o seu inicio deste importante xacemento, un dos de maior interese de toda Galicia. Lembrar que José Suárez foi o impulsador da teoría de que o Monte do Facho era un santuario, lugar de peregrinación, non un simple castro, teoría que quedou confirmada tralas excavacións coa aparición dunha grande cantidade de altares, 174 aras dedicadas  ao Deus Berobreo, ademáis de ser o precursor das actuais romarías, pois o xacemento arqueolóxico do Monte do Facho convertíuse nun dos lugares máis visitados de toda a Comarca.

José Enrique Sotelo mantén  a esperanza de que nos vindeiros anos se lle poida dar continuidade ás excavacións e aos trababallos de mantemento, a pesar das dificultades económicas  do momento.

15 de marzo de 2013 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.