Augas de Galicia atende a petición da alcaldesa de Ribadumia e asfaltará a pista de Cabanelas
O Concello de Ribadumia informa aos veciños que mañá mércores cortarase temporalmente a pista que une Cabanelas coa depuradora nova, para permitir que Augas de Galicia execute as obras de asfaltado na rúa. Dáse así resposta a unha das peticións realizadas pola alcaldesa Salomé Peña ante o organismo autonómico, onde denunciou que o tránsito continuo de camións pola construción da depuradora deteriorou de xeito importante o firme desta pista. Desde o Concello de Ribadumia, Salomé Peña solicita a comprensión dos veciños da zona mentres dure o corte da rúa, que estará determinado polo tempo de execución da obra.











