As intervencións nos plenos municipais do Carballiño contarán cun tempo límite
O actual grupo de goberno do concello do Carballiño esta estudando a posibilidade de marcar os tempos de intervención de cada un dos concelleiros, para desta forma ofrecer unha maior axilidade deste procedemento municipal, e concretar máis todas as actuacións dos edís que forman parte deste.
Esta fórmula non pretende, en ningún momento, limitar as intervencións dos concelleiros que o desexen senón, máis ben, evitar que os plenos se prolonguen máis dos necesario e, ao mesmo tempo, concretar cada unha das cuestións que se debaten neste, tendo en conta o importante que é todo o que se debate nas sesións, tanto ordinarias coma extraordinarias.
Esta fórmula estase a aplicar en numerosas institucións públicas, sen que en ningunha dela se detectase unha mingua ou limitación da posibilidade de expoñer puntos en cada sesión. É máis, na maioría de institucións onde se impuxo esta regulación do tempo de intervención, notouse como os debates foron máis frutíferos, sen redundancias, e evitando caer en repeticións innecesarias. A medida non se aplicará no próximo pleno aínda.
Durante estes días estase a estudar o xeito de instaurar este novo sistema, calculando o tempo que se outorgará a cada concelleiro para facer a súa exposición ou dar contestación ás realizadas polos outros edís ou voceiros.











