Ares programa tres obradoiros culturais dirixidos aos máis pequenos
A Concellaría de Cultura organiza ao longo deste mes un total de tres obradoiros dirixidos, fundamentalmente, aos máis pequenos da casa. O primeiro deles terá lugar o xoves 21 e consistirá na creación dun libro de poemas. A actividade, para nenos e nenas de 3 a 10 anos e, en xeral, para toda a familia, comezará ás cinco da tarde e será de balde na biblioteca municipal.
Para este e o resto de obradoiros será necesario realizar a inscripción previa, ben acudindo á Alianza no seu horario habitual de atención ao público, ben chamando ao número de teléfono 981 448 057.
“Buscando oviños de Pascua” é o título do segundo dos obradoiros deste mes. Esta actividade, na que os nenos e nenas participantes –tamén é de 3 a 10 anos e familiares que o desexen- aprenderán a decorar os ovos de Pascua tan típicos da Semana Santa, desenvolverase tamén na Alianza, a partires das cinco da tarde, o día 25 deste mes.
Finalmente, o mércores 27 terá lugar un obradoiro de monicreques cos mesmos criterios que os dous anteriores.











