Aprobados definitivamente os orzamentos do Concello de Frades para 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFradesLocal
A-
A+

O DOG de hoxe venres 22 de marzo publica a aprobación definitiva dos orzamentos municipais do Concello de Frades para 2013, despois de que non se presentara alegación algunha no seu tempo de exposición pública. Unhas contas que rexistran un superávit de 131.000 euros, xa que a partida de ingresos ascende a 1.512.000 euros mentres que a de gastos é de 1.380.000 euros.

A pesar da crise económica actual, o Concello de Frades mantén as partidas de gasto social e incluso recupera as subvencións ás entidades sen fin de lucro (asociacións de veciños, agrupacións deportivas e culturais, etc). No capítulo de gastos, a partida de persoal descende nun 26,3% (dos 631.000 de 2012 aos 464.000 euros de 2012). A partida destinada a gasto corrente ascende a 589.000 euros, mentres que os investimentos reais superan os 223.000 euros, o que representa o 17% dos orzamentos. Uns investimentos que neste 2013 contarán con importantes achegas por parte da Xunta (a través do PEIM) e da Deputación (a través do POS 2013 e o DTC 94).

No capítulo de ingresos, contémplase unhas partidas de 808.000 euros procedentes de transferencias correntes, así como outras de 297.000 euros e 137.000 euros de impostos directos e taxas e prezos públicos, respectivamente. Así mesmo, as transferencias de capital fíxanse en algo máis de 223.000 euros.

 

22 de marzo de 2013 | 20:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.