“Aprender a aprender” iniciativa para que os cativos desenvolvan habilidades curriculares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaOurense
A-
A+

A Concellería de Educación pon en marcha unha iniciativa dirixida a nenos e nenas de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria.

A actividade consiste na aplicación do xogo de xadrez nos cursos e colexios cun claro perfil de desestructuración familiar. O programa está apoiado polo xornalista Leontxo García, profesional do mundo do xadrez, que impartiu unha charla onte no Liceo de Ourense sobre os beneficios deste xogo para cativos e maiores.

No proxecto participarán 74 nenos e nenas que están integrados no desenvolvemento curricular dos niveis educativos correspondentes ao 2º ciclo de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria apoiado no Consello Escolar, convertindo a Ourense na primeira cidade española na que se implantará a escolares por idades.

Os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil empregarán material pedagóxico de cubos, rompecabezas e sopas de letras para que identifiquen e vaian pouco a pouco recoñecendo as fichas.

Os nenos de 1º de Educación Primaria desenvolverán o programa “5 leccións de xadrez activo” compendiados en 5 libros pedagóxicos, considerados polo Ministerio de Educación coma mellor método, ata agora realizado para nenos e nenas, incluído o taboleiro completo para comezar a xogar.

Segundo os expertos e mestres desta técnica os beneficios a curto e longo prazo son a mellora na capcidade de concetración, precidón, planificación e capacidade de cálculo, ao tempo que se mellora as súas habilidades de socialización e se optimiza o pensamento lóxico.

Este tipo de actividades coas que se “pensa e aprende xogando”, melloran o rendemento escolar e os nenos e nenas adquiren maior madurez e intelixencia emocianal.

Esta mañá a actividade deu comezo no CEIP Eiroás, no barrio de Covadonga e a ella asistiu a concelleira de Educación e o xornalista Leontxo García, e ambos valoraron o progrmaa coomo unha alternativa para aqueles cativos con algún tipo de dificultade no desenvolvemento das súas capacidades e empregando o xogo coma distracción conséguense beneficios a medio longo prazo que repercuten no seu desenvolvemento educativo.

22 de marzo de 2013 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.