Allariz será o mellor destino para gozar da “Semana Santa ao vivo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllarizCalendarioLocal
A-
A+

Allariz acolle un ano mais a Semana Santa ao Vivo, unha proposta cultural de ocio nacida no ano 2000 motivada pola grande cantidade de visitantes presentes na vila durante esas datas.

Esta iniciativa cultural abarca nesta ocasión música na rúa, feita no casco histórico,  para amenizar o paseo de alaricanos e visitantes, mercados e actividades culturais.

ACTUACIÓNS NA RÚA

Por terceiro ano consecutivo o departamento de Promoción Económica convocou un formato novidoso para contactar con músicos interesados en participar da Semana Santa ao vivo. Unha vintena de agrupacións de diferentes estilos fixeron a súa inscricións, dos cales foron escollidas catro propostas, un grupo de folk “Os Forasteiros”, outro de indie/ pop  “Bestlife” e un de jazz afrocubano “Purofilin”. Estes grupos xunto cun guitarrista en solitario, “Adolfo Arias” ocuparan as rúas do casco histórico de Allariz dende o 28 ata o 31 de marzo.

MERCADOS

Aqueles que queiran comprar artigos de segunda man teñen a ocasión para facelo en Gangas Allariz, durante os días 23 e 24 na Praza de Abastos da vila.

O 23 de  marzo, en horario de mañá a Praza de Abastos será o escenario coma todos os sábados do Mercado da Reserva da Biosfera, e o día 31 ampliará o seu horario, ofrecendo tamén os produtos da zona pola tarde.

Do 28 ó 31 de marzo, o patio do Museo do Coiro acolle a artistas e artesáns locais no Mercado de Artesanía.

MÁIS ACTIVIDADES CULTURAIS

A oferta cultural da Semana Santa complétase con actividades organizadas pola Fundación Vicente Risco. O 22 de marzo Comisa Bal ofrecerá un concerto de música folk na Praza Maior e o día seguinte a Praza dos Carbóns acolle a actuación de Inacio Vilariño co espectáculo “Burro- máquina”.

19 de marzo de 2013 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.