Alejandro Prieto, mellor competidor local no II Trofeo Vila de Cedeira de Kárate

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraDeportesLocal
A-
A+
Certame deportivo

Certame deportivo

As bancadas do Pavillón Polideportivo quedaron pequenas o pasado sábado para acoller o público chegado de toda Galicia para seguir os combates do II Trofeo Vila de Cedeira de Kárate. A competición, promovida pola Escola de Karate local coa colaboración do Concello e da Federación galega, logrou reunir uns 300 deportistas de 20 clubs da Comunidade.

Os participantes competiron nas modalidades de kumite (combate) e kata (formas), nas seis categorías previstas (benxamín, cría, infantil, cadete, xuvenil e júnior). Así mesmo, entregáronse trofeos e medallas para os primeiros clasificados, en categoría
masculina e feminina. Alejandro Prieto Blanco, campión de kata júnior, foi elixido o mellor competidor local.

A continuación, os gañadores en cada unha das categorías:

Kata:

Benxamín masculino: Iván Sobrino (CK Ortigueira)
Benxamín feminino: Ildara García (Akai Ryu)
Cría masculina: Nicolás Pinaque (Avalon Kai)
Cría feminina: Jéssica Criado (C Multigym)
Infantil masculino: Julián Rico (AM Fene)
Infantil feminino: Melanie Suárez (Akai Ryu)
Xuvenil masculino: Xavier Santos (C. San Francisco Teo)
Xuvenil feminino: Ariadna Rocha (Victory Gym)
Cadete masculino: Alejandro Cepeda (C. San Francisco Teo)
Cadete feminino: Antía Sanjurjo (Bunkai)
Júnior masculino: Alejandro Prieto (EK Cedeira)
Júnior feminino: Carla Rodríguez (Akai Ryu)

Kumite:

Cadete masculino: Aitor Vidal (ESK Narón)
Cadete feminino: Ana Belén Lobato (C. San Francisco Teo)
Júnior masculino: Edgar Gómez (ESK Narón)
Júnior feminino: Victoria Martínez (Bunkai)
Cadete feminino: Ana Belén Lobato (C. San Francisco Teo)
Júnior masculino: Edgar Gómez (ESK Narón)
Júnior feminino: Victoria Martínez (Bunkai)

25 de marzo de 2013 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.