Admitidas 63 solicitudes para participar na XI Feira Medieval de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMonforte de Lemos
A-
A+

Mañá mércores día 13 de marzo publicarase na páxina web municipal, www.monfortedelemos.es, a listaxe de participantes admitidos/as na XI Feira Medieval de Monforte, que se celebrará o sábado día 30 de marzo.

En total presentáronse 73 solicitudes de instalación de postos de variada índole, das cales só foron admitidas 63, aquelas que cumprían tódolos requisitos recollidos nas bases da convocatoria.

Dende a delegación de Cultura considerouse conveniente ampliar ata o pasado día 8 de marzo o prazo inicial de inscrición, co obxecto de facilitar a entrega de documentación pendente e de posibilitar que outras persoas interesadas en participar puidesen realizar a solicitude.

Do total das solicitudes admitidas, 22 corresponden a postos de artesanía, 15 a comercio, 17 a gastronomía artesá, e as 9  restantes a postos de alimentación.

As 63 persoas admitidas para participar na XI Feira Medieval de Monforte de Lemos deberán formalizar a súa inscrición realizando o pagamento das taxas, entre o mércores día 13 e o venres día 22 de marzo.

Aquelas persoas que non cumpran con este trámite imprescindible quedarán automaticamente excluídas da Feira.

12 de marzo de 2013 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.