Actuacións da Policía Local no Concello da Coruña a venres 1 de marzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

Nas últimas 24 horas, o Equipo de Atestados da Policía Local rexistrou un accidente de circulación con feridos, un accidente de circulación con danos, unha alcoholemia positiva e dous delitos contra a seguridade vial por conducir sen permiso nas vías da cidade.

– UN dobre atropelo dun turismo a dúas mulleres producido ás 17.15 horas no paso de peóns regulado por semáforo sito a confluencia da rolda de Nelle coa rúa Ribadavia. Como consecuencia do accidente, as transeúntes, L.V.L., de 30 anos, e C.V.L., de 45 anos, tiveron que ser trasladadas ao CHUAC por unha ambulancia de 061 en estado leve.

– UNHA acometida entre dous turismos, producida na confluencia da avenida Pedro Barrié de la Maza coa rúa Sol, ás 00.10 horas, no que un dos implicados botou resultado positivo (0,58 e 0,58 mg/l de aire expirado) na correspondente proba de alcoholemia, motivo polo que se lle imputa un delito contra a seguridade vial.

CONTROIS PREVENTIVOS DE SEGURIDADE VIAL

– UN denunciado por alcoholemia penal (con resultados obtidos mediante procedemento de aire expirado 0,81 e 0,74 mg/l), na avenida de Finisterre 280, sendo as 01.20 horas. O condutor, de 29 anos, foi interceptado tras cometer unha infracción de tráfico, sendo citado para xuízo rápido a próxima semana.

– UN denunciado por un delito contra a seguridade vial polo quebrantamento dunha condena de suspensión temporal do permiso de condución. O condutor dun vehículo Lexus, de iniciais A.P.R., de 39 anos e veciño da Coruña, foi detectado ás 12.15 horas tras cometer unha infracción de tráfico na avenida Pedro Barrié de la Maza á altura de Facenda, sendo citado para xuízo rápido a próxima semana

– UN denunciado por un delito contra a seguridade vial polo quebrantamento dunha condena de suspensión temporal do permiso de condución. O condutor dunha motocicleta Gilera Runner, de iniciais M.G.M., de 32 anos e veciño da Coruña, foi detectado ás 17.15 horas por infracción de tráfico na avenida de Monelos á altura do número 45, sendo citado para un xuízo rápido.

– DOUS denunciados por delito contra a seguridade vial por conducir carecendo de permiso de conducir. Ambos os dous foron citados para un xuízo rápido a próxima semana:

– No Paseo Barrié de la Maza, á altura do edificio de Facenda, ás 12.30 horas, cuxo condutor, de 39 anos, nacido en Pontevedra, foi interceptado tras cometer unha infracción de tráfico.

– Na avenida de Monelos, á altura do número 45, ás 17.15 horas, cuxo condutor, de 32 anos, nacido en León, foi detectado por unha patrulla en control preventivo de documentación.

CONTROIS PREVENTIVOS DE SEGURIDADE CIDADÁ

Ás 15.45 horas, na rúa Matadero, incautouse unha porción de droga a A.M.J., varón de 21 anos e veciño da Coruña.

Ás 17.35 horas, na avenida de Monelos, números 47-49, incautáronse dúas porcións de droga a J.L.G.B., varón de 35 anos e veciño da Coruña.

Ás 17.35 horas, na avenida de Monelos, números 47-49 incautouse unha porción de droga a A.J.C., varón de 19 anos e veciño da Coruña.

Os tres foron denunciados por infrinxir a Lei de Protección da Seguridade Cidadá.

Identificación e denuncia a un individuo por mexar na vía pública, na rúa Juan Flórez, número 5, ás 15.44 horas, infrinxindo a ordenanza municipal de limpeza.

INCIDENCIAS NO DISPOSITIVO ESPECIAL DE PRESENZA PERMANENTE NA ZONA DE OCIO NOCTURNO

Ás 04.30 horas, na rúa Pasadizo do Orzán, número 6, unha dotación policial procedeu a identificar a C.B.M., de 21 anos e veciña de Malpica de Bergantiños, por botar unha botella de cervexa á vía pública en presenza dos axentes, sendo denunciada por infrinxir a ordenanza municipal de limpeza.

1 de marzo de 2013 | 16:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.