Actuacións da Policía Local no Concello da Coruña a 8 de marzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

DOUS DETIDOS POR DESORDES PÚBLICAS

– Ás 10.17 horas do día 5 e por aviso da Sala do 092 trasládase unha patrulla á Oficina de Emprego sita na avenida de Finisterre, número 227, onde un individuo estaba a alterar a orde. Unha vez no lugar, a patrulla é requirida polo responsable da devandita oficina, o cal lles manifesta que unha persoa que se encontraba no interior comezara a alterarse e a berrar, insultándoo e ameazándoo de morte. Cando os axentes se dirixen a esta persoa co fin de saber o que pasara e de que abandonase a oficina, negouse en rotundo, chegando a ameazar de morte de novo ao responsable do local ante a presenza dos policías, tendo que interpoñerse estes para evitar que o agredise. O servizo de atención ao público viuse interrompido durante o incidente. Por todo iso e vendo que insistía no seu comportamento en presenza dos axentes procedeuse á súa detención, sendo identificado como E.T.D., de 50 anos e veciño da Coruña. Foi imputado por un concurso de delitos de ameazas graves a unha terceira persoa e desobediencia aos axentes da autoridade.

– Ás 17.30 horas do día 5 e por aviso da Sala do 092 trasládase unha patrulla á rúa Durán Loriga, número 10, onde había catro indixentes que impedían aos veciños a entrada ao edificio. Unha vez no lugar, a patrulla é requirida por unha veciña do inmoble, a cal lles indica que non pode acceder porque estas persoas estaban a ocupar totalmente a entrada do portal. Cando os axentes se dirixen cara a eles, un deles colleu a botella de cristal dun litro de cervexa que portaba nas súas mans e bótolla aos pés dos policías. Cando un dos axentes intentou retirar outra botella que había no chan co fin de evitar que volvese tirala, esta persoa púxose moi agresiva, ameazando e insultando reiteradamente os policías á vez que intentou golpealos co puño e darlles unha cabezada. Por todo iso se procedeu á súa detención, sendo identificado como J.L.M.M., de 43 anos e sen domicilio fixo. Foi imputado por un delito de atentado aos axentes da autoridade en grao de tentativa.

CONTROIS PREVENTIVOS DE SUESTE SEGURIDADE VIAL

– UN denunciado por delito contra a seguridade vial por conducir sen obter nunca a autorización administrativa para conducir. O condutor dun turismo Audi 100, de iniciais R.R.A., de 32 anos e veciño de Arteixo, foi detectado ás 19.40 horas do día 7 por infracción de tráfico na rúa Manuel Murguía con Paseo de Rolda, sendo citado para xuízo rápido. O vehículo foi inmobilizado e trasladado para o depósito municipal.

– UN denunciado por un delito contra a seguridade vial por conducir sen obter nunca a autorización administrativa para conducir. O condutor dun turismo Renault Laguna, de iniciais J.M.C.R., de 35 anos e veciño de Vimianzo, foi detectado ás 04.50 horas por infracción de tráfico na rúa Pasadizo do Orzán coa rúa Juan Canalejo, sendo citado para xuízo rápido. O vehículo foi inmobilizado e trasladado para o depósito municipal.

– UN denunciado por alcoholemia administrativa (con resultados obtidos mediante procedemento de aire expirado 0.54 e 0,54 mg/l.). O condutor, de iniciais G.V.D., de 22 anos e veciño desta cidade, foi detectado por control itinerante na rúa San Andrés altura do número 56. Do vehículo que conducía, un Opel Corsa, fíxose responsable un coñecido do condutor.

– UN denunciado por alcoholemia penal (con resultados obtidos mediante procedemento de aire expirado 0.72 e 0.72 mg/l.). O condutor, F.J.S.L., de 32 anos e veciño da Coruña, foi interceptado ás 04.45 horas cando circulaba pola rúa San Andrés, altura do número 56. Déuselle cita para xuízo rápido e do vehículo que conducía, un Seat Ibiza, fíxose responsable un coñecido do condutor.

– UN denunciado por alcoholemia administrativa (con resultados obtidos mediante procedemento de aire expirado 0.39 e 0.40 mg/l). O condutor, de R.S.G., de 20 anos e veciño da Coruña, foi detectado por control itinerante na avenida Pedro Barrié de la Maza. O vehículo que conducía, un Mercedes CLS 320, quedou inmobilizado.

DENUNCIADOS DOUS APARCACOCHES POR INFRINXIR A ORDENANZA MUNICIPAL DE CIRCULACIÓN

– Ás 15.40 horas do día 7, na anteplaza do Pavillón de Deportes de Riazor identificouse e denunciouse a T.V.D., veciño desta cidade, que estaba a exercer de aparcacoches.

– Ás 18.20 horas do día 7, na rúa Andrés Martínez Salazar, número 20, identificouse e denunciouse a H.C.A., veciño desta cidade, que estaba a exercer de aparcacoches.

CONTROIS PREVENTIVOS DE SEGURIDADE CIDADÁ

– Ás 11.49 horas do día 7, no lugar de Someso, incautouse unha porción de droga a un menor de idade, veciño da localidade da Laracha.

– Ás 12.40 horas, na avenida de Alférez Provisional, incautóuselle unha navalla a M.D.J., varón de 23 anos e veciño de Ferrol.

– Ás 21.26 horas na rolda de Outeiro incautouse unha porción de droga a J.H.F.L, varón de 22 anos e veciño da Coruña.

Todos eles foron denunciados por infrinxir a lei de Protección da Seguridade Cidadá.

DETIDO POR ROUBO CON FORZA NUN LOCAL COMERCIAL

Sobre as 16.50 horas do día 06, unha dotación da Policía Local, que realizaba funcións de prevención e protección de seguridade cidadá, foi avisada pola Sala do 092 para acudir á rúa Ramón Menéndez Pidal, número 14, onde ao parecer un varón de aspecto desaliñado fracturara o cristal dun local comercial, subtraendo efectos do interior e fuxíndose en dirección á estación de tren, sendo seguido de preto por unha testemuña. Foi interceptado pola patrulla actuante na praza de San Cristóbal, podendo observar que tiraba ao chan varios efectos que presuntamente subtraera. O establecemento comercial tiña o cristal do escaparate roto, achándose no seu interior un fragmento de baldosa que supostamente fora utilizado para golpear o cristal. Por todo iso, e vistos os datos achegados pola testemuña, identificouse esta persoa, resultando ser E.B.B., de 47 anos e veciño da Coruña, procedendo á súa detención e inmediata posta a disposición xudicial, sendo imputado por un delito de roubo con forza.

DISPOSITIVO ESPECIAL NA ZONA DE OCIO NOCTURNO DE RÚAS PASADIZO DO ORZÁN – JUAN CANALEJO NA NOITE DO XOVES CONTROL DE NORMAS DE CONVIVENCIA:

– 6 denunciados por mexar na vía pública nas rúas Juan Canalejo – Pasadizo do Orzán, infrinxindo a ordenanza municipal de xestión de residuos e limpeza viaria.

– 12 vehículos denunciados por estacionar sobre as beirarrúas ou en zonas peonís do centro da cidade, infrinxindo a ordenanza municipal de circulación.

– 2 denunciados na avenida de Pedro Barrié de la Maza por insultar a berros os policías que prestaban de servizo na zona e infingir a Lei de Protección da Seguridade Cidadá.

Atendendo requirimentos veciñais por molestias no descanso veciñal denunciáronse tres establecementos públicos:

– Ás 23.30 horas do día 7 realizouse unha denuncia a un local situado na rúa Capitán Troncoso por infracción á ordenanza ambiental. Estaban a realizar un concerto no interior carecendo de permiso para iso.

– Ás 00.50 horas do día 8 realizouse unha denuncia ao inquilino dunha vivenda sita na rúa Gaiteira, por infracción á ordenanza ambiental. Estaba a realizar unha festa (música moi alta e voces) no interior, en horario nocturno.

– Ás 01.15 horas do día 8 realizouse unha denuncia a un local dedicado a locutorio e á venda de diversos produtos, sito na rolda de Outeiro, por infracción á ordenanza ambiental. Non presentaba licenza de apertura ou autorización de funcionamento.

UN DETIDO POR RESISTENCIA A AXENTES DA AUTORIDADE:

Ás 05.10 horas, unha dotación policial que realizaba funcións de prevención e protección de seguridade cidadá na avenida de Pedro Barrié de la Maza procedeu á detención dun mozo, identificado como L.B.P., de 24 anos e veciño de Oleiros, por un presunto delito de resistencia e desobediencia aos axentes da autoridade. A intervención orixinouse cando unha dotación policial estaba a realizar unhas identificacións e dous mozos alleos aos feitos que pasaban polo lugar comezaron a proferir insultos a berros cara aos policías. Ao dirixirse cara a estas persoas para proceder á súa identificación, un deles negouse en rotundo a facilitar a súa documentación e calquera dato relativo á súa filiación, ante o cal se lle indicou que se persistía na súa actitude se lle ordenaría a necesidade de ser trasladado a dependencias policiais para ser identificado, empezando a realizar espaventos cos brazos para evitar que os axentes o suxeitaran, agarrándose ao vehículo patrulla e opoñendo gran resistencia, chegando mesmo a dar unha patada a un axente nunha perna, polo que foi denunciado ante o xulgado de garda, quedando a disposición xudicial.

8 de marzo de 2013 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.