publicidade hoxe

Acto conmemorativo do Día Internacional da Muller

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisLocal
A-
A+
acty

Asistentes ao acto conmemorativo

O pasado venres celebrouse no salón de actos do Edificio Multiusos de Curtis o acto conmemorativo do Dia Internacional da Muller no que se recoñeceron os esforzos realizados polas mulleres do concello para a súa mellora profesional.

Antonio Ángel Fraga Sánchez, tenente – alcalde do Concello, dou á benvida ó público asistente e presentou ás tres mulleres que participaron no acto relatando as súas experiencias formativo – profesionais: Mª Jesús Ayerbe, Rocío Prado e Iria Tomé.

Tomou a palabra Mª Jesús Ayerbe quen resaltou a  importancia da formación (obtención da ESO ou dos certificados de profesionalidade) no proceso de busca de emprego ou de mellora profesional, así como da capacidade individual de destrui-las barreras que impiden acadar o obxectivo profesional proposto. Pola súa banda, Rocío Prado e Iria Tomé relataron a súa experiencia como emprendedoras co establecemento dunha explotación avícola ou coa apertura dun centro de fisioterapia, respectivamente. Se ben tiveron certas trabas ó comezo da súa andaina estas foron superadas con éxito grazas a súa perseverancia e a motivación de desenvolve-la súa actividade profesional por conta propia.

O acto finalizou cunha degustación de distintos productos do país por parte dos e das asistentes.

12 de marzo de 2013 | 10:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.