Actividades no Salón do Libro de Pontevedra para a fin de semana
VENRES 22
– 17:30 horas– Salón do Libro – “Zeppelín 4”: Da man de Proxecto Pequenos Constructores, formado por Sabela Camiña Castro e Aida Estela Vigo Edeira, os nenos/as participarán na derradeira sesión deste obradoiro no que farán un stopmotion cos bonecos e decorados construídos nas anteriores sesión.Recomendado a partir de 10 anos. Límite 35 nenos/as
– 17:30 horas – Salón do Libro – “Os traxes futuristas de Orbil” da man da Escola de Tempo Libre Paspallás: Obradoiro de elaboración de bonecos de papel e os seus traxes, baseados na mascota do Salón, Orbil. Público familiar.
– 20:00 horas – Salón do Libro – Salón de Actos Pazo da Cultura – “Bicos de música” de Mamá Cabra: Ao longo de 40 mitutos, integrantes do grupo musical Mamá Cabra interpretarán pezas de toda a súa discografía pero especialmente do se último traballo “Bicos de Música”. Bicos de música para bailar, para choutar, para cantar, para aprender a cruzar, para viaxar con Simbad, para chuchar mel… Entrada libre ata completar aforo.
SÁBADO 23
– 12:00 horas – Salón do Libro – Salón de Actos Pazo da Cultura – Acto de homenaxe a Marilar Aleixandre: O Alcalde de de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro Portela, teñen o pracer de convidar a vostede ao acto de homenaxe a Marilar Aleixande no que intervirá Fina Casalderrey e a Orquestra de Cámara de Lira.
– 17:30 horas– Salón do Libro – “Títere Hop” de Viravolta Títeres: Obradoiro de Hip Hop e creación de títeres con “Gende”, especialista en beatbox e colaborador de grupos como DiosKeTeCrew. Recomendado para mozos e mozas de 13 a 17 anos.
– 17:30 horas– Salón do Libro – Salón de Actos – “Ollos de Mel” de Pirilampo: Ollos de mel é a terceira entrega do grupo Pirilampo, despois de publicar Cancións para Antía e Abracadabras, publicados todos pola AS-PG. Concerto para píblico familiar de entrada libre ata completar aforo.











