Actividades Culturais de Ourense para o mércores 6 de marzo
11,45 horas (Expourense) A concelleira de Limpeza, Susana Bayo e representantes de Ecovidrio e dos colectivos de hosteleiros presentan o sistema habilitado polo Concello e Ecovidrio para fomentar a reciclaxe de residuos no marco da feira Xantar.
13.00 horas (Expourense) A tenente de alcalde, Marga Martín e a concelleira de Turismo, Mónica Vázquez asisten ao acto de Inauguración de Xantar 2013, Salón Galego de
Gastronomía e Turismo, no restaurante oficial de Perú, país convidado nesta edición e cuxa gastronomía é considerada patrimonio Nacional e foi galardoado co primeiro premio “World Travel Awards”
18.00 horas (Biblioteca Municipal de A Ponte) A concelleira de Educación, Ana Garrido, asiste á sesión de contacontos para a difusión do Proxecto Familias Acolledores, que
durante esta semana se realizarán nos puntos de animación á lectura das Bibliotecas municipais en colaboración con Cruz Vermella.
ACTOS DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
12.30h (Café Ollo Ledo, Praza das Mercedes) A Concellería de Igualdade presenta a exposición fotográfica “Tempo de muller” de Ana Nieto, que permanecerá neste establecemento ata o día 8 de abril.
19.30h (Liceo) Mesa redonda “Mulleres pioneiras, profesionais e empresarias en Ourense”. Acto coorganizado coa Vicerreitoría do campiu8s. Interveñen Mari Luz Villar Otón, María Jesús Blanco Piñeiro, Ana María Méndez Gómez e María del Carmen Canal López.
21.15h (Café Grándola, Praza do Trigo) Actuación de danza a cargo da bailarina Marta Alonso Tejada, que presenta o seu novo espectáculo “Track 6”











