Actividades do Concello de Ourense na primeira fin de semana de marzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOurense
A-
A+

Sábado, 2 de marzo

20.00 horas (Auditorio Municipal) Concerto de Café Quijano, “Los Orígenes, el Bolero”. Prezo 21 €, á venda en www.servinova.com  e dúas horas antes na billeteira do Auditorio. Volver era unha necesidade; foron oito anos botándonos de menos. Botando de menos seguir gozando xuntos a viaxe da nosa vida, a nosa experiencia vital: a música. O bolero era outra necesidade, con el crecemos, fixémonos músicos.

Domingo, 3 de marzo

12.00 horas (Auditorio Municipal) Actividades infantís, “Alucina”, de Javier Muro. Prezo 3 €. Espectáculo interactivo entre o público infantil e o mago, onde os rapaces sairán a colaborar e participar da maxia, creando un ambiente moi divertido coas bromas e xogos que se van sucedendo.

1 de marzo de 2013 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.